As
metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas
a cada unha delas aplícanse á primeira convocatoria no réxime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes
correspondentes á avaliación única e á segunda convocatoria de
avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado.
PRIMEIRA
CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN
Os
alumnos deberán deixar
constancia por escrito da súa
vontade de non acollerse á modalidade de avaliación continua nas
dúas primeiras
semanas
do cudrimestre.
Criterios
de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:
Os
alumnos deberán entregar todas as encomendas e tarefas en prazo e
forma. Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba
explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para que todo o
alumnado matriculado na materia poida acceder a eles. Para superar a materia será necesario obter, como mínimo, unha cualificación de 4 en cada apartado.
Criterios
de avaliación empregados no sistema de avaliación única:
O
estudantado que deixase constancia por escrito a través de FAITIC
durante as dúas primeiras semanas do curso da súa vontade de non acollerse
ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á
avaliación continua, mais terá dereito a realizar un exame na data
oficial fixada polo Decanato e que constará das seguintes partes: 1. Parte teórica sobre contidos dados no cuadrimestre (10 %) 2. Parte práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do francés cara ao español (90 %). Excepcionalmente,
poderá acordarse cos estudantes que non superasen unha parte
concreta da materia o mecanismo oportuno para recuperar esa parte na
segunda convocatoria de avaliación.
SEGUNDA
CONVOCATORIA (XULLO)
Para
superar a materia na segunda convocatoria, os estudantes deberán
aprobar un exame, que se celebrará na data oficial prevista polo Decanato do centro e que constará das seguintes partes:
1.
Parte teórica sobre contidos dados no cuadrimestre (10 %)
2.
Parte práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300
palabras) do francés cara ao español (90 %).
De
maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios,
obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:
-
Incumpran as instrucións proporcionadas para a realización e
entrega do exercicio ou proba.
-
Incurran en plaxio total ou parcialmente.
-
Cometan máis de dúas faltas de ortografía na tradución.
-
Introduzan un segmento sen sentido na tradución. |