Traballos de aula |
Realizarase mediante titorías individuais. Escoitarase o exercicio e valorarase a correción levada a cabo polo estudante tanto en clase como a través de TIC. Detectaranse erros dentro das distintas operacións da IC, analizando as súas causas e buscando solucións. Indicaranse tarefas e exercicios específicos para paliar deficiencias e erros. Será necesario aportar as notas tomadas durante o exercicio para poder valoralas e detectar os erros de toma ou lectura das notas. |
|