PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación contínua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritos arriba. A proba escrita realizarase na mesma data do exame de avaliación única establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. Os estudantes que suspenden son examinados de toda a materia. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación contínua e opte pola avaliación única deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia e outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación contínua, como da única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Examen teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado. En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación contínua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente competencia na materia. |