A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS: O alumnado
poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2) e ten que declararse por escrito na segunda semana de clase asinando o documento específico. A.1) Avaliación continua Avaliación continua na primeira edición das actas:
Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que
o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a
aprendizaxe dun idioma.
Para acollerse ao sistema de avaliación continua, se recomenda ao
alumnado asistir e participar con regularidade ás sesións presenciais,
tanto teóricas como prácticas así como realizar as tarefas e exercicios
que se lle requiran.
Recoméndase acollerse a este sistema e para superar a avaliación continua será
necesario: 1) Aprobar cada unha das destrezas comunicativas (reading: 30% and writing: 30%) e a destreza lingüística (use of English: 40%). Na
segunda edición de actas (xullo 2018) o alumnado só terá que presentarse ás
destrezas suspensas. 2)
Realizar 4 traballos escritos (20%), 1 proba de expresión escrita baseada na comprensión do libro de lectura (10%) e 2 probas de comprensión escrita (30%). As datas de
entrega dos traballo e da realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic. Toda esta
parte computará o 60% da cualificación final. 3)
Aprobar unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os
contidos lingüísticos (use of English: grammar and vocabulary). Esta parte computará o 40%. A proba final realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT. A
avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas
capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e
traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos que
os alumnos non realicen ou non entreguen contarán como un “0”. A.2) Avaliación única O
alumnado que non realice ningunha proba
parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global
final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das
seguintes partes: -
Use of English (40%),
writing (30% incluindo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio), reading (30%). Para
superar dita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as
partes aprobadas para a segunda edición das actas en xullo 2018. O exame realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT, coincidindo coa proba final de avaliación continua . B)
SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2018): O
alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será
availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas
características que a proba única da primeira edición das actas: - Use of English (40%),
writing (30% incluindo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio), reading (30%).
Para superar esta avaliación o alumnado ten que
aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola
facultade e publicada pola súa paxina web. Todas as
probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “Cambridge
Proficiency in English” e as indicacións fixadas para o nivel C2 no Marco Europeo
de Referencia para o Ensino das Linguas. Durante a
realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, tableta ou
conexión a internet ou outros medios electrónicos. O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia. |