Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración de 3 traballos escritos (Writing): Formal letter, Summary, Opinion Essay. 40 A2
A4
A5
C1
C4
C13
C18
C24
C27
C30
D2
D4
D6
D9
D22
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación da destreza de comprensión escrita (Reading) por medio de exercicios de resposta curta e/ou de tipo test. 25 A1
A5
C1
C2
C18
C24
C25
C27
C30
D2
D4
D9
D10
D17
D22
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de avaliación dos contidos lingüísticos (Use of English: Grammar and Vocabulary). 35 A2
A5
C1
C4
C13
C18
C24
C27
C30
D2
D4
D6
D9
D15
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS



O dominio das competencias
lingüísticas e comunicativas desta materia será avaliado por medio de varias
probas parciais para cada unha das destrezas especificadas nesta guía docente. As
datas concretas para cada proba serán anunciadas polo profesorado na aula con suficiente
antelación.

A cualificación
final da materia será calculada tendo en conta todas as destrezas traballadas
ao longo do cuadrimestre, coa distribución indicada no epígrafe anterior e
detallada nesta sección.

Na primeira
edición de actas existen dous sistemas de avaliación: continua e única. A modalidade
por defecto será a avaliación continua, excepto expresa notificación por parte
da/o estudante da súa preferencia polo sistema de avaliación única. O alumnado
que opte por avaliación única debe comunicarllo ao profesorado da materia antes
de finais da segunda semana de clase como data límite.

Participar nun
dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro. A realización da primeira proba parcial implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado, de xeito que a ausencia a unha ou máis das seguintes probas parciais implicará o suspenso global na materia. Igualmente, a ausencia á primeira proba parcial implica o seguimento da materia por avaliación única, de xeito que non se permitirá a realización das seguintes probas parciais.

O alumnado
avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao
exame oficial de avaliación única na primeira edición de actas. A súa nota na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s)
proba(s) realizada(s). Tampouco se contempla o exame oficial de avaliación
única na primeira edición de actas como exame de recuperación para aprobar as
partes das destrezas suspensas na avaliación continua.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

AVALIACIÓN CONTINUA



Para ser avaliado
polo sistema de avaliación continua, é imprescindible a participación da/o
estudante en todas as probas de avaliación que se vaian realizando ao longo do
cuadrimestre, así como a entrega das actividades nas datas sinaladas.

USE OF ENGLISH: GRAMMAR AND VOCABULARY (35%), WRITING (40%), READING (25%).

As probas de
avaliación terán lugar en horario lectivo, agás acordo previo co profesorado da
materia. As datas concretas serán anunciadas en clase ao comezo do cuadrimestre a modo orientativo e con
suficiente antelación para a súa preparación.

Para superar a
materia na súa totalidade será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global (sobre 10), sendo
5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das probas parciais
: USE OF ENGLISH: GRAMMAR AND VOCABULARY (1 proba), WRITING (3 probas), READING (1 proba). É dicir: cómpre aprobar cada unha das destrezas da
materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un suspenso global na
materia nesta edición de actas. As mesmas condicións aplícanse na segunda
edición de actas e independentemente do sistema de avaliación.

En relación á destreza de Reading, ofrécese a oportunidade de realizar unha proba de comprensión dun libro de lectura de literatura inglesa. Esta proba ten carácter optativo e puntuará por un valor máximo de 5% a maiores da nota media acadada nas probas arriba mencionadas. O exame constará de preguntas curtas e obxectivas e terá lugar o día oficial establecido para o exame de avaliación única. O libro será seleccionado polo profesorado e será anunciado na primeira sesión de clase do cuadrimestre. O alumnado que opte for realizar esta proba debe informar ao profesorado da materia por escrito antes da fin da segunda semana de docencia. O alumnado que se comprometa a realizar a proba e non realice o exame na data establecida será penalizado cun 5% sobre a porcentaxe da destreza de Reading. 

O alumnado poderá examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s). De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas en cursos posteriores: non se gardarán notas parciais das distintas destrezas dun curso para outro.

AVALIACIÓN ÚNICA



A avaliación
única terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. É responsabilidade
do alumnado consultar as datas na páxina web da Facultade.

A cualificación
final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase
en base ás cualificacións obtidas nesta data oficial. A proba constará das
partes necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre,
paralelo ao sistema de avaliación continua, agás indicacións diferentes por parte do profesorado.
O valor de cada unha das destrezas na cualificación será igual á avaliación
continua: USE OF ENGLISH: GRAMMAR AND VOCABULARY (35%), WRITING (40%), READING (25%).

Para superar a materia
será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota
global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas
avaliadas
: USE OF ENGLISH: GRAMMAR AND VOCABULARY (1 proba), WRITING (3 probas), READING (1 proba). É dicir: cómpre aprobar cada unha das
destrezas da materia cun 5, e o suspenso nunha das destrezas implica un
suspenso global na materia nesta edición de actas.

En relación á destreza de Reading, ofrécese a oportunidade de realizar unha proba de comprensión dun libro de lectura de literatura inglesa. Esta proba ten carácter optativo e puntuará por un valor máximo de 5% a maiores da nota media acadada nas probas arriba mencionadas. O exame constará de preguntas curtas e obxectivas e terá lugar o día oficial establecido para o exame de avaliación única. O libro será seleccionado polo profesorado e será anunciado na primeira sesión de clase do cuadrimestre. O alumnado que opte for realizar esta proba debe informar ao profesorado da materia por escrito antes da fin da segunda semana de docencia. O alumnado que se comprometa a realizar a proba e non realice o exame na data establecida será penalizado cun 5% sobre a porcentaxe da destreza de Reading. 

O alumnado poderá
examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s).
De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas no seguinte curso académico: non se gardarán notas parciais
das distintas destrezas dun curso para outro.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



O exame no
período de segunda edición de actas, independentemente da modalidade escollida
na primeira edición de actas, terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da
FFT. É responsabilidade do alumnado consultar as datas na páxina web da
Facultade.

A cualificación final computarase en
base ás cualificacións obtidas nesta data oficial. A proba constará das partes
necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre. O
valor de cada unha das destrezas na cualificación será igual á da primeira edición de actas: USE OF ENGLISH: GRAMMAR AND VOCABULARY (35%), WRITING (40%), READING (25%).

Para superar a materia
será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota
global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas
avaliadas
: USE OF ENGLISH: GRAMMAR AND VOCABULARY (1 proba), WRITING (3 probas), READING (1 proba). É
dicir: cómpre aprobar cada unha das destrezas da materia cun 5, e o suspenso
nunha das destrezas implica un suspenso global na materia nesta edición de
actas.

O alumnado poderá
examinarase na segunda edición de actas unicamente da(s) parte(s) suspensa(s).
De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas no seguinte curso académico: non se gardarán notas parciais
das distintas destrezas dun curso para outro.

OBSERVACIÓNS



A avaliación terá
en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación
pode resultar nun suspenso.

O plaxio total ou
parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso
automático na materia no seu conxunto,
independentemente das probas xa realizadas e/ou aprobadas. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto. Nas
probas de Writing en particular empregarase a ferramenta Turnitin para detectar posibles casos de plaxio.

A persoa docente poderá
facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta
guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame
(oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia
Artificial (IA)
sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de
probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será
condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se
substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida
pola persoa docente.

É
responsabilidade do alumnado consultar o correo electrónico con regularidade,
consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, e
estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. As datas
de avaliación única son anunciadas na web da FFT. As datas de avaliación
continua son anunciadas na clase con suficiente antelación. Non hai obriga de comunicar as datas de avaliación mediante
a plataforma de teledocencia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000