AVALIACIÓN CONTINUA: As tarefas previstas para avaliación continua serán entregadas/realizadas segundo estas datas aproximadas: - Proba práctica (tarefas de comprensión oral e escrita) (20%): mediados de outubro - Traballo escrito de resumos de lecturas, etc. (10%): mediados de novembro - Presentación oral do devandito traballo (10%): mediados de novembro - Proba final teórico-práctica (60%): mediados de decembro (última semana de docencia; publicarase en faitic a data) Tamén se terá en conta a participación activa no
curso. As
probas non
entregadas ou non superadas cun mínimo dun valor de 4/10, contarán coma
un cero. En caso de plaxio, a
nota final é de suspenso. Teráse
en conta para a avaliación: a lectura do libro como destreza de
comprensión lectora, a expresión oral, a argumentación, expresión escrita e a gramática vista ao longo do curso. AVALIACIÓN ÚNICA: Haberá unha única proba que constituirá o 100% da nota final. O exame para o alumnado de avaliación única será na data
establecida no calendario de exames da FFT. Os alumnos que non superen
a avaliación continua e os que non se presentaron ao Final, farán en
xullo unha proba final que contará o 100% da nota (30/70 parte
práctica e teórica) na data
establecida no calendario de exames da FFT. A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. |