Esta materia parte dun nivel medio-alto, que permite unha maior profundidade nos coñecementos gramaticais, léxicos e culturais así como tamén un maior dominio das competencias orais. Dáse especial atención á cultura desta lingua, así como a destrezas traductolóxicas, o que servirá como unha boa base para seguir profundando nos coñecementos de alemán adquiridos no curso anterior, procurando prestar maior atención á progresión das destrezas orais e da tradución inversa.
Para poder seguir esa asignatura, recoméndase ter un coñecemento da lingua alemá equivalente a 24 créditos (A1.1., A1.2., A2.1., A2.2.). O alumnado debería alcanzar un nivel B1.