Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades lingüísticas e de Landeskunde. 20 A1
A2
A4
A5
B1
B5
B10
C22
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 A1
A2
B3
B5
C20
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación e conseguinte cualificación
do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua
de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na mesma data do exame da avaliación
única establecida no
calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

Os/As estudantes que suspenden son examinados de toda a materia.

O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia, na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT, e máis outro oral noutra
data concertada co profesorado para
superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como
da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 (sobre unha escala de 10) para
superar a materia.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, un exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. A data do exame será
a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

Para
o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única, este exame ten un
valor do 80% da nota. Este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo
20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 4 para superar a materia. A data do exame escrito será
a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. A proba oral realizarase nunha data
concertada co profesorado.

En calquera das edicións de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000