A descrición desta guía está pensada para a modalidade presencial. A nota obtida polo alumno na parte presencial (contidos prácticos da materia), terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico. As persoas que non liberen a parte práctica, deberán acudir ao exame final con todo o contido (teórico+práctico).
Débese superar, indistintamente, cada unha das dúas partes: teórica (a través do exame final), ou práctica (a través da avaliación continua mediante a resolución dos casos, debates, etc. ou a través do exame final). É dicir, esíxese un mínimo do 50% en cada unha das partes para poder facer media coa outra parte.
As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.
Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.