Ademais da bibliografía sinalada anteriormente, o estudante disporá do seguinte material de apoio:
-Apuntes da materia
-Boletíns de problemas
-Cuestionarios de laboratorio
As características principais dos apuntes da materia son:
-Inclúen os contidos teóricos que constitúen o programa da materia.
-Inclúen espazo para exercicios e problemas. Algúns se resolven en clase e outros son propostos.
-Ao final de cada capítulo existe un conxunto de lecturas recomendadas e de problemas propostos pertencentes a algún dos libros incluídos na bibliografía. En xeral estes problemas son algo máis sinxelos que os problemas dos boletíns da materia.
Os boletíns de problemas conteñen exercicios útiles para entender a materia.
Os cuestionarios do laboratorio inclúen os enunciados e os problemas de cada práctica e tamén algúns contidos teóricos. É moi importante lelos con suficiente antelación á realización da práctica, para así podela realizar adecuadamente.
Este material estará dispoñible a través da plataforma faiTIC da universidade de Vigo ( http://faitic.uvigo.es) |