Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control
 Materias
  Tecnoloxía e Instalacións de Depuración de Augas e Verquidos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Son sesións de traballo conxunto entre o profesor e os alumnos, as cales poden resultar moi útiles como método de apoio ao ensino, fomentando o sentido crítico, creativo e participativo dos estudantes. Preténdese facilitar a introdución do alumno nos métodos científicos, o manexo das distintas fontes bibliográficas e a mellora das capacidades de expresión oral e escrita, ao mesmo tempo que favorecer o establecemento dun clima de diálogo entre profesor e alumno.
Estudo de casos/análises de situacións Son un complemento importante das explicacións teóricas, e axudan a clarificar e asentar os coñecementos adquiridos nestas. Quérese que o alumno aprenda unhas estratexias xerais de enfoque e resolución dos mesmos. Periodicamente entregaranse ao alumno, unha selección de problemas adecuada aos obxectivos conceptuais da materia, para que poida traballar neles antes de discutilos en clase.
Prácticas en aulas de informática Aplicación de programas informáticos para a modelización dos procesos aerobios e anaerobios no tratamento de efluentes
Saídas de estudo/prácticas de campo Para achegar ao alumno á realidade do mundo empresarial, realizaranse diversas visitas a industrias. Mediante estas visitas o estudante poderá observar persoalmente as técnicas de fabricación e os equipos industriais que foron descritos na aula, aclarando detalles relativos a tamaños, formas e disposición de equipos na planta, difíciles de explicar sobre o papel.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000