Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control
 Materias
  Análise e Caracterización de Solos Contaminados
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos conceptos básicos respecto das características xerais dos solos e o seu papel nos procesos de contaminación do medio.
As sesións maxistrais componse da exposición dos conceptos teóricos polo docente e a formulación dos problemas reais na interpretación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa contaminación dos solos.
As sesións maxistrais apoiaranse en medios audiovisuais dispoñibles no centro e os diferentes contidos serán achegados ao alumno mediante a plataforma Posgrao Virtual
Prácticas de laboratorio Durante as practica de laboratorio os alumnos familiarizaranse cos protocolos e procedementos de determinación do contido e dispoñibilidade de contaminantes no solo.
O profesor de practícas seleccionará un caso real para a súa análise e posterior interpretación.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Son un complemento importante das explicacións teóricas, e axudan a clarificar e asentar os coñecementos adquiridos nestas. Quérese que o alumno aprenda unhas estratexias xerais de enfoque e resolución dos mesmos. Periodicamente entregaranse ao alumno, unha selección de problemas adecuada aos obxectivos conceptuais da materia, para que poida traballar neles antes de discutilos en clase.
Saídas de estudo/prácticas de campo Visita a instalacións relacionadas coa recuperación de solos degradados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000