Código |
Descrición |
A1 |
Coñecemento e comprensión que fornecen unha base ou oportunidade para a orixinalidade no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
A2 |
Que os alumnos poidan aplicar o coñecemento e capacidade para resolver problemas en contornos novos ou descoñecidos dentro de contextos relacionados coa súa área de estudo máis amplo (ou multidisciplinar) adquirida |
A3 |
Que os alumnos sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse a complexidade de formular xuízos en base a información que estando incompleta ou limitada, inclúa unha reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa utilización dos seus coñecementos e xuízos |
A4 |
Que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións – e os coñecementos e razons últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados de un xeito claro e sen ambiguedades |
A5 |
Que os alumnos teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte auto-orientado ou autónomo. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese (resolución de problemas e identificación das causas e a sua tipoloxía) |
B2 |
Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestrutura) |
B3 |
Capacidade de xestión de información (con apoio das tecnoloxías da información e da comunicación) |
B4 |
Capacidade de toma de decisións e de resolver problemas con rapidez e eficiencia con unha visión global da actividade industrial e xeración de residuos |
B5 |
Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións |
B6 |
Traballo en equipo multi-departamental dentro da empresa e multi-empresa (produtores, loxística e xestión de residuos e de relación coaadministración). |
B7 |
Traballo nun contexto de sustentabilidade, caracterizado por: minimización da produción de residuos, xestión óptima dos mesmos e minimización do seu impacto |
B8 |
Razonamento crítico e compromiso ético no contexto da sustentabilidade |
B11 |
Liderazgo e capacidade de coordinación |
B12 |
Sensibilización hacia a calidade, respecto ao medio ambiente e o consumo responsable dos recursos e aproveitamento de residuos |
C1 |
Capacidade na análise da cadea productiva, minimizando a producción de residuos e emisións, avaliando as posibles alternativas con unha visión integrada (desenvolvemento e implantación das mellores técnicas dispoñibles (BAT), conforme especificado na Directiva 2008/1/CE) |
C2 |
Destreza no deseño de sistemas de xestión de residuos nas súas propias instalacións de producción, avaliando posibles alternativas baseadas en principios de eficacia e eficiencia. |
C3 |
Capacidade para definir o proceso de loxística para a xestión e transporte de residuos dende os centros de produción até as estacións de tratamento |
C4 |
Capacidade para definir o complexo xestión-produción de residuos en calquera organización ao nivel da Dirección (estratéxico), mandos intermedios e niveis operativos, planteando os necesarios mecanismos de coordinación transversal (entre persoas do mesmo nivel xerárquico, pero en diferentes departamentos). |
C6 |
Capacidade de elixir e operar as infraestruturas e recursos máis axeitados que permitan un tratamento dos residuos orientado na medida do posible a sua valorización ou recuperación |
C9 |
Capacidade para proxectar protocolos e procedementos de emerxencia no nivel da planta e no suposto de descargas involuntarias ao ambiente. |
C10 |
Capacidade de involucrar outros membros da organización na mellora continua en todos os niveis de traballo para a produción industrial sostible e respectuosa co medio ambiente |