A materia está orientada a un alumnado que se inicia no campo da tradución de textos científicos e técnicos. Preténdese que o alumnado desenvolva a capacidade de traducir profesionalmente este tipo de textos pertencentes a diversos xéneros textuais, ámbitos e graos de especialización. Fomentarase a aplicación das estratexias necesarias para traducir cun grao significativo de autonomía.
A direccionalidade do traballo de tradución será directa e inversa. A materia descomponse nun módulo de 27 horas de tradución directa francés > español impartido pola profesora María José Fernández Pintelos e nun módulo de 21 horas de tradución inversa español > francés impartido polo profesor Anxo Fernández Ocampo.