Avaliación continua O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso nun módulo ou nos dous módulos deberá presentarse ó exame do(s) módulo(s) suspenso(s) á convocatoria da segunda edición de actas en xullo de 2016 na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. De ser o caso, a nota do módulo aprobado en avaliación continua conservarase unicamente ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2016. Primeira edición de actas (xaneiro de 2016) A parte de tradución directa suporá o 60% da nota final e a partede tradución inversa suporá o 40% da nota final. Tradución directa: deberá presentarse a un exame o día 13 de xaneiro ás 11 h. e entregar unha encarga que se dará o mesmo día do exame, e que contará o 50% da nota. Para a tradución inversa: o alumnado concernido terá que realizarun exame de tradución na aula e na data correspondentes á derradeira sesión da materia en decembro de 2015. A nota da parte aprobada na primeira edición das actas en xuño de 2016 conservarase ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2016. Segunda edición de actas (xullo de 2016) A parte de tradución directa suporá o 60% da nota final e a parte de tradución inversa suporá o 40% da nota final. Tradución directa: deberá presentarse a un exame na data establecida e entregar unha encarga que se dará o mesmo día do exame, e que contará o 50% da nota. Para a tradución inversa: o alumnado concernido terá que realizará un exame de tradución na aula e na data correspondentes ó exame oficial desta materia, segundo o calendario da Facultade. Para algunha das probas de tradución, o equipo docente poderá fixar un prazo de entrega posterior á data da convocatoria. Calquera copia o plaxio será cualificado con 0 (cero), e o traballo non se poderá repetir. |