Código |
Descrición |
A19 |
Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, á familia e á comunidade. |
A20 |
Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades que se desenvolven para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade. |
A21 |
Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional deberá desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. |
A22 |
Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. |
A23 |
Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do ámbito, para atender ás persoas en situacións de saúde ou enfermidade como integrantes dunha comunidade. |
A24 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde dos individuos e grupos. |
A25 |
Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. |
A26 |
Analizar os datos estatísticos referidos a estudos de poboación, identificando as posibles causas dos problemas de saúde. |
A27 |
Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte. |