Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
3
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría dos recursos naturais e medio ambiente
Coordinador/a
Giráldez Pérez, Eduardo
Correo-e
edu.giraldez@gmail.com
Profesorado
Giráldez Pérez, Eduardo
Web
Descrición xeral
Nesta materia preténdese que o alumno coñeza a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no sector dos áridos, cementos, formigóns, aglomerados asfálticos, rochas ornamentais e outras rochas industriais.
Os coñecementos a adquirir nesta materia vanse centrar en comprender os aspectos básicos da explotación de áridos e rochas ornamentais, así como o proceso de machaqueo de áridos, e as técnicas tanto experimentais como actualmente dispoñibles para o arranque e elaboración de rochas ornamentais.
Tamén preténdese dar a coñecer os principais minerais industriais e os seus procesos de produción, así como os aspectos básicos do deseño, operación e mantemento das plantas de fabricación de cementos, formigóns e aglomerados asfálticos.
Todos estes aspectos trataranse dentro do contexto da súa afección ao medio.