Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Rochas industriais e ornamentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O estudante deberá presentar un documento escrito resultado da análise conxunta da información obtida durante as visitas a empresas, realización de prácticas de laboratorio e clases maxistrais. Avaliarase tanto o documento escrito presentado como a súa exposición oral na aula. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito. A posibilidade de realización de parciais valorarase durante o curso. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira convocatoria (convocatoria de 2º período), a nota final será a
suma das notas do traballo (ata o 20%) e do exame (ata o 80%).

En convocatorias posteriores do mesmo curso, o exame puntuará o 100% da nota final, expóndose cuestións relativas ás clases maxistrais, ás prácticas de laboratorio e ás saídas realizadas durante o curso.

As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 21 de maio de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 9 dexXullo de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 23 de outubro 2014 ás
16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000