Valorarase na elaboración do TFM que se siga a estructura recomendada para cada tipo de traballo (elaboración de programas, estudos de caso, perfil de usuarios ou avaliación de programas), así como os criterios de calidade que se lle entregarán ao alumnado. Ademáis dos criterios mencionados, teráse en conta a calidade da defensa oral do TFM.
100
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación do TFM realizarase en primeira instancia polo titor académico, que dará “o seu visto e prace” (APTO-NON APTO), para proceder á súa defensa pública oral ante un tribunal constituído por tres profesores/as do Máster. O tribunal emitirá unha puntuación final entre 5-10 puntos. Os alumnos solicitarán na Secretaría do Máster a presentación e avaliación do TFG co visto e prace do seu respectivo titor académico. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión Académica, deberá ir acompañada da versión escrita do TFG por cuadriplicado.
Os criterios de avaliación serán dados a coñecer ao alumnado ao comezo de curso.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000