PRERREQUISITOS:
Para poder MATRICULAR/CURSAR o Prácticum, o alumnado deberá de ter superadas 8 das 10 materias seguintes, tal e como consta na última modificación do Plano de Estudios vixente:
-Habilidades, instrumentos e técnicas en Traballo Social
-Traballo Social individual e familiar
-Servizos Sociais Especializados I
-Proceso de Planificación en Traballo Social
-Organización dos Servizos Sociais
-Ética e Traballo Social
-Conceptos, Teorías e Métodos en Traballo Social
-Traballo Social Grupal e Comunitario
-Servizos Sociais Especializados II
-Xestión de Organizacións de benestar social
RECOMENDACIÓNS:
Recoméndase ao alumnado que atenda ao cumprimento dos deberes recollidos na normativa que regula o prácticum:
Durante a permanencia do alumnado nas institucións externas recoméndase asistencia e puntualidade, actitude positiva e de aprendizaxe, participación e integración na institución e responsabilidade nas tarefas e actividades encomendadas.
Ademais, para a realización da memoria das prácticas recoméndase unha boa organización e estructuración do traballo, boa presentación, adaptación aos contidos propostos, utilización de técnicas de rexistro axeitadas, utilización de fontes e documentación suficiente e axeitada e introducir aspectos novidosos, creativos e reflexivos.
Outros aspectos relevantes: a coordinación elaborará protocolos específicos para o desenvolvemento das competencias, contidos e avaliación do Prácticum, que serán postos a disposición do alumnado a traverso da titorización académica no momento en que sexan precisos. Estes estarán adaptados a normativa de Prácticum, a presente guía docente e ó proxecto persoal do/a alumno/a, polas características específicas de cada institución.
Todo o alumnado deberá de darse de alta na plataforma "Faitic", pois esta será utilizada como canle habitual para a difusión de materiais, documentos e anuncios |