Avaliación
A avaliación do prácticum deberá verificar a capacidade efectiva de desenvolver tarefas concretas da actividade profesional, así como a adquisición das destrezas e aptitudes correspondentes.
A avaliación terá carácter continuado a traverso do seguemento do traballo titorizado. de seguimento e criterios de avaliación do mesmo, que incluirá a valoración dos informes dos/as titores/as externos, as actividades de seguimento e supervisión dos/as titores/as académicos/as, así como a memoria final do alumnado.
En todo caso, a nota final do alumnado virá dada nun 50% pola valoración emitida polos/as titores/as das entidades colaboradoras e o outro 50% será emitido polo/a titor/a académico, en función das activades de seguimento, supervisión e a memoria final. Será requisito o depósito dunha copia da memoria de prácticas na institución colaboradora en formato e data establecida pola coordinación.
O titor académico da universidade será o responsable da síntese avaliativa. A cualificación final será numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente. Para superar a materia será necesao aprobar por independente cada unha das metodoloxías de avaliación.
SEGUNDA CONVOCATORIA:
Avaliaranse as competencias non superadas e adquiridas na convocatoria do primeiro semestre. |