Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas
no apartado de avaliación. En todo caso, o alumnado non poderá ser
avaliado se non presenta en tempo e forma en tarefas encomendadas para
os seminarios e grupos pequenos
Advírtese o alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rixe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial. SISTEMAS DE AVALIACIÓN 1.-ALUMNADO ASISTENCIAL: será considerado como tal aquel que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais, un 80% aos seminarios e un 80% aos grupos pequenos. En caso de non cumprir con este requisito serán avaliados como alumnado non asistencial. As modalidades así como a puntuación é a que está establecida nas metodoloxías de avaliación. Lembrar que só se podré aprobar a materia, cando se obteña un aprobado en cada unha das metodoloxías de forma independente. 2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL: aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás clases (sesións maxistrais, seminarios e grupos pequenos). Este alumnado será avaliado nunha proba final gobal e única que consistirá en (cada unha das partes deberá estar aprobada por independente para poder superar a asignatura): a.-Examen final na convocatoria oficial tipo test (igual formato e sistema de corrección que para os asistentes). Este examen versará sobre os contidos teóricos das sesións maxistrais e seminarios. Puntuará un 60 %
b.-Examen práctico en relación os exercicios/tarefas desenvolvidas nos seminarios. Puntuará un 20% c.-Pregunta curta que avaliará o traballo de seguimento desenvolvido polo alumnado asistencial no grupo medio e pequeno. Puntuará un 20%
SEGUNDA CONVOCATORIANa convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior.
As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios
da Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no seguinte
enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
|