Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas no apartado de avaliación. En todo caso, o alumnado non poderá ser avaliado se non presenta en tempo e forma en tarefas encomendadas para os seminarios e o traballo tutelado. Advírtese o alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rixe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial. SISTEMAS DE AVALIACIÓN 1.-ALUMNADO ASISTENCIAL: será considerado como tal aquel que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais e un 80% aos seminarios. En caso de non cumprir con este requisito serán avaliados como alumnado non asistencial. O alumnado asistencial terá un examen parcial, con carácter liberatorio, previo a convocatoria oficial, de toda ou parte da materia. As modalidades así como a puntuación é a que está establecida nas metodoloxías de avaliación. Lembrar que só se podré aprobar a materia, cando se obteña un aprobado en cada unha das metodoloxías de forma independente. 2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL: aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás clases (maxistral e
seminarios). Este alumnado será avaliado nunha proba final global e única que consistirá en (cada unha das partes deberá estar aprobada por independente para poder superar a asignatura): a.-Examen final na convocatoria oficial tipo test (igual formato e sistema de corrección que para os asistentes). Este examen versará sobre os contidos teóricos das sesións maxistrais e seminarios. Puntuará un 40% b.-Entrega dun dossier que recolla os traballos realizados polo alumnado asistencial para as tarefas dos seminarios e dos contidos relacionados có traballo tutelado (previamente a súa entrega deberá estar supervisado, con carácter obrigatorio, pola profesora). Puntuará un 10% c.-Pregunta de desenvolmento: versará sobre os aspectos e materiais relacionados có traballo tutelado, levararase a cabo sempre que se teña superado a primeira parte do examen tipo test. (avalía as competencias obtidas polo alumnado asistencial no traballo tutelado). Puntuará un 30% d.-Defensa oral (será convocado pola profesora en hora e día) dos contidos desenvolvidos no apartado c. Puntuará un 20% ADVERTENCIA: O seguimento continua das actividades de aula, realizarase a traverso da Plataforma Faitic, polo tanto todo o alumnado matriculado (tanto asistencial como non asistencial) debe estar inscrito en dita plataforma desde o inicio de curso. SEGUNDA CONVOCATORIA Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior. As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios da
Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no
seguinte enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
|