Estatística: Estatística aplicada á investigación social
Código
O05G220V01202
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
1
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
López Castedo, Antonio
Correo-e
alopez@uvigo.es
Profesorado
Domínguez Alonso, Jose
López Castedo, Antonio
Rodríguez Villarino, Rafael
Web
Descrición xeral
Dado o continuo contacto coa realidade social que o labor profesional lle esixe ao traballador social, xustifica que esta materia de Estatística aplicada ás ciencias sociais sexa unha formación sólida no ámbito das técnicas de exploración do mundo social, co fin de proporcionarlle as bases estatísticas fundamentais para a súa aplicación adecuada na planificación e desenvolvemento dunha investigación social empírica nas diferentes áreas do traballo social. O propósito é que o traballador social saiba como analizar a realidade social, dotándoo dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios tanto para proxectar e levar a cabo a súa propia investigación, como para valorar e cualificar aqueles proxectos e investigacións que cheguen ás súas mans no desenvolvemento do seu labor profesional.
Os coñecementos e as competencias académico-profesionais que poida adquirir terán un papel relevante na súa capacitación como traballador/a social con independencia do ámbito e perfil profesional no que desenvolva o seu labor no futuro.
Estatística aplicada ás ciencias sociais é unha materia de formación básica na titulación de Grao de Traballo Social que consta de 6 créditos ECTS. Desenvólvese no primeiro curso durante o segundo cuadrimestre. Con ela introdúcese, no ámbito académico curricular destes estudos, a presentación sistemática de contidos - recompilación, ordenación e análise dos datos obtidos nunha mostra e, para rematar, a xeneralización dos resultados á poboación da que esa mostra procede - relacionados coa realidade social nos distintos contextos e ámbitos do traballo social.