A materia pretende ofrecer unha visión global dos grandes temas dos que se ocupa a ciencia política. Así mesmo, proporciona unha introdución ao sistema político de España. O obxectivo é que os/as estudantes alcancen un coñecemento básico que lles permita describir, explicar e comprender a realidade política que lles rodea.