Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Programas de educación social na terceira idade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os/as estudantes presentan o resultado obtido na elaboración de dous documentos sobre a temática da materia e/ou investigación.
<br>Un levarase a cabo en grupo, de forma escrita. Ademais, conxuntamente con este documento, tamén se valorará o seguimento da elaboración do traballo.
<br>E outro realizarase de xeito individual e igualmente, de forma escrita.
30
Seminarios Nestes seminarios realizaranse diferentes actividades:
-Traballo en profundidade dun tema (monográfico).
- Ampliación e relación dos contidos tratados nas sesións maxistrais.
- Lectura e comentario de textos.
- Visionado e comentario de material audiovisual.
- Debates.
25
Traballos de aula O desenvolvemento e participación nas experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación na aula. 10
Presentacións/exposicións Tamén se valorará a exposición ou presentación que se faga do traballo tutelado na aula. 5
Probas de tipo test Realizarase unha proba tipo test para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con tres alternativas de resposta. Os/as alumnos/as seleccionarán unha resposta entre as posibilidades. As respostas erradas puntuarán negativamente (2 mal restarán 1 ben). Esta proba será de carácter opcional para aqueles/as alumnos/as que desexen subir a súa nota global. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado non presencial: deberá falar coa profesora ao principio do curso, para acordar un plan de traballo específico.


          Os criterios de avaliación serán os seguintes:



  • Proba tipo test: 50%.
  • Traballo titorado: 25%.
  •  Traballo práctico: 25%.

Segunda convocatoria: ao alumnado que supere algunhas das partes ou probas da materia, conservaranselle as cualificacións ata a convocatoria de xullo. As competencias non superadas serán avaliadadas na mesma convocatoria (xullo).


Datas, horas e revisións dos exames:



  • Convocatoria primeiro periodo:  14 de xaneiro, ás 16 horas. Revisión: 31 de xaneiro, das 16:00 ás 18:00 horas.

  • Convocatoria xullo: 3 de xullo, ás 16:00 horas. Revisión 18 de xullo, das 16:00 ás 18:00 horas.

  • Convocatoria Fin de carreira: 17 de outubro, ás 16:00 horas. Revisión: 4 de novembro, das 16:00 ás 18:00 horas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000