Código |
Descrición |
A1 |
Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa |
A2 |
Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crises en comunidades socioeducativas |
A3 |
Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...) |
A4 |
Analizar e diagnosticar a realidade complexa que fundamenta o desenvolvemento dos procesos socioeducativos |
A5 |
Coñecer os fundamentos do deseño e uso dos medios, recursos e estratexias para a intervención socioeducativa e incorporalos nos diferentes ámbitos de acción socioeducativa |
A6 |
Comprender a traxectoria da educación social e a configuración do seu campo e identidade profesional, a nivel comunitario, estatal, europeo e internacional |
A7 |
Manexar con criterio métodos e estratexias de investigación cuantitativas e cualitativas, e aplicalas ás realidades socioeducativas |
A8 |
Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...) |
A9 |
Desenvolver programas e proxectos no contexto familiar e escolar |
A10 |
Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...) |
A11 |
Organizar e administrar proxectos e servizos culturais, ambientais, de lecer e tempo libre |
A12 |
Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento |
A13 |
Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención no ámbito cultural |
A14 |
Deseñar, aplicar e avaliar programas de educación permanente e de persoas adultas e anciás |
A15 |
Deseñar, aplicar e avaliar programas para a inserción social e laboral |
A16 |
Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos |
A17 |
Dominar as metodoloxías de dinamización social e cultural |
A18 |
Ter capacidade para potenciar as relacións interpersoais, desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, solidariedade e empatía |
A19 |
Administrar, coordinar e supervisar entidades, equipamentos e grupos, en función de diferentes contextos e necesidades |
A20 |
Asesorar na elaboración e aplicación de plans, programas, proxectos e actividades socioeducativas |
B2 |
Planificación e organización |
B3 |
Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega |
B4 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional |
B5 |
Xestión da información |
B6 |
Resolución de problemas e toma de decisións |
B7 |
Dominio de metodoloxías e técnicas educativas, dinamizadoras de asesoramento e orientación |
B8 |
Capacidade crítica e autocrítica |
B9 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos doutras áreas e en distintos contextos |
B10 |
Recoñecemento e respecto de a diversidade e multiculturalidade |
B11 |
Habilidades interpersoais |
B12 |
Compromiso ético |
B13 |
Autonomía na aprendizaxe |