Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Concíbense como traballos de iniciación á investigación. Serán realizados de xeito individual ou en pequenos grupos (non superiores a 4 persoas) e a súa finalidade consiste en afondar no coñecemento dun determinado tema polo que os e as estudantes se sintan atraídos e que estea relacionado cos contidos da materia. |
Sesión maxistral |
As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de modo expositivo ao grupo de clase polo/a profesor/a que centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándolos cos demáis do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia. |