Nas probas terase en conta o uso axeitado da presentación e exposición escrita (corrección ortográfica, expresión sintáctica e gramatical), o sentido crítico, o esforzo de síntese e a capacidade de relacionar datos.
As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro in supra son as máximas que se poden acadar en cada un dos apartados.
A proba escrita constará de preguntas máis ben curtas, inda que de distinto grao de extensión. Algunha pode estar plantexada tipo test e constar dalgún caso práctico.
Para poder facer media e superar a materia é necesario que o alumnado presencial supere todas as probas referidas (dossier, traballos, exame), obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada un dos apartados avaliables.
En calquera caso, considerarase suspenso a nota na cualificación global da materia que sexa inferior a 5 puntos.
Alumnado non presencial
-Realización de dous traballos tutelados relacionados coa temática da materia, para o que se debe pór en contacto co profesor ao inicio de curso e comunicarlle tal situación de forma debidamente xustificativa. Puntuación, ata 4 puntos. Para facer media é preciso obter neste apartado polo menos 2 puntos e participar nas dúas actividades propostas.
- Realización dun exame sobre o temario: ata 6 puntos. Para facer media é preciso conseguir un mínimo de 3 puntos por este apartado.
Na segunda convocatoria, todo o alumnado conservará a parte (teórica ou práctica) xa superada e realizará só aqueles apartados que non tivesen un grao de realización satisfactorio.
A data do exame no primeiro período será o 12 de xaneiro de 2015 e para o 2º período o día 30 de xullo.
O exme de Fin de carreira terá lugar o día 17 de outubro de 2014.
|