Traballos de aula |
Exercicios ou proxectos que os/as estudantes desenvolven na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante. |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de investigación, empresas, institucións, etc., de interese académico-profesional para o/a alumno/a. |
Obradoiros |
Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte da profesora ás actividades individuais e/ou de grupo que desenvolven os estudantes. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. |