Presentacións/exposicións |
Cada grupo pequeno de alumnado (3 a 5 persoas), realizará un traballo grupal de curso, en base aos contidos da materia obxecto de estudo, tutelado pola profesora e coa posterior exposición/presentación á clase por parte de cada grupo. |
30 |
Cartafol/dossier |
Cada alumna/o elaborará un documento que recompile información sobre as experiencias,o temario da materia, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación. |
10 |
- As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro supra son as máximas que se poden alcanzar en cada un dos apartados.
- O sistema de avaliación referenciado supra, está dirixido ao alumnado de carácter presencial. É requisisto imprescindible para ser considerado alumno presencial, a asistencia e participación mínima nun 80% das clases do grupo-clase e a asistencia nun 80% ás clases de grupo mediano (GM).
- Para superar a materia, o alumnado presencial deberá superar todas as probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada un dos aspectos avaliables.
- Considerarase alumnado non presencial aquel que non cumpra o 80% da asitencia especificada no punto nº 2 ou aquel que opte por esta modalidade, a condición de que llo comunique á profesora na primeira quincena de impartición da materia.
- O sistema de avaliación para o alumnado non presencial consistirá nunha proba escrita de resposta curta (cunha valoración máxima do 80%) e nun traballo individual tutelado (cunha valoración máxima do 20%) pola profesora e definido en base aos contidos e obxectivos da materia.
- Para superar a materia, o alumnado non presencial deberá superar as dúas probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha delas.
- EXAMES: DATA EXAME 18 MAIO 2015 E DATA REVISIÓN 9 DE XUÑO 2015// DATA EXAME CONVOCATORIA XULLO: 1 XULLO 2015 E DATA REVISIÓN 16 XULLO 2015
- Segunda convocatoria (xullo): Mantéñense as competencias/probas superadas e só examinaranse das non superadas |