Traballos tutelados |
Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento á bibliografía especializada, aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da Historia do Presente. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre. |
Traballos de aula |
Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos. |
Sesión maxistral |
Explicación dos contidos da materia polo profesor. |