As leccións que componen o programa da materia constitúen unha exposición sistemática sobre os delitos e a responsabilidade xurídico-penal en que poden incorrer quen realizan actividades que son consideradas ilícitas e que están relacionadas coa empresa e o ámbito laboral. O obxectivo a conseguir na impartición da materia “Dereito Penal da Empresa” consiste, fundamentalmente, en axudar a identificar os conceptos teóricos básicos para que os alumnos/as poidan identificar, interpretar, razoar e resolver os diferentes supostos delituosos que se producen naquel ámbito. Dominar as nocións esenciais de Dereito penal da Empresa e as súas técnicas de interpretación e exposición oral e escrita resultan de especial utilidade para todos aqueles estudantes que orienten a súa actividade xurídica profesional á práctica forense ou ao asesoramento no ámbito empresarial e laboral