Traballos tutelados |
Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase, a maiores do marco teórico do traballo, a súa estrutura, a calidade da documentación empregada e a reflexión crítica sobre as fontes, a orixinalidade e rigor, a presentación formal do mesmo e a coherencia na súa exposición e defensa. |
20 |
Traballos de aula |
Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados. |
10 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través dunha proba de avaliación sobre os tres grandes temas-bloque do programa. Esta proba incluirá tanto probas de contido teórico como comentarios de texto, mapas ou gráficas. |
55 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da<br />Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. |