Obxectivos: Coñecemento das células de combustible e outras tecnoloxías de aproveitamento dos recursos naturais.
Os alumnos deberán coñece-los compoñentes das células de combustible, os principios básicos de operación, o seu rendemento e as súas aplicacións.
Así mesmo, deberán adquirir coñecementos básicos doutras enerxías renovables aínda en proceso de desenvolvemento, como a mareomotriz ou a xeotérmica.
Tamén recibirán información sobre as características dos sistemas híbridos, sendo capaces de realizar deseños de sistemas que incorporen varios aproveitamentos renovables.
Descritores: Células de Combustible. Enerxía Mareomotriz. Enerxía Xeotérmica. Sistemas Híbridos.