Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
 Materias
  Células de Combustible: Tecnoloxía do Hidróxeno e outras Tecnoloxías de Aproveitamento dos Recursos Naturais
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Enerxía e Medio Ambiente/V04M020V01205


 
Outros comentarios
(*)Lección Maxistral: 1 Grupo de 50 alumnos Resolución de Problemas: Dependendo do tema en particular impartirase ben na aula habitual, ben an aula informática, pero sempre en grupos de 25 alumnos. Clase Práctica: Está prevista unha clase práctica nun Parque Eólico. Grupos de 25 alumnos Titorías: Dado o carácter semipresencial do master e que o 50% do profesorado é alleo á Universidade de Vigo, la forma habitual de contacto co profesorado e coordinadores é o correo electrónico. En calquera caso, e sempre que sexa posible, o alumno/a pode solicitar unha titoría presencial, en horario a concertar entre o profesor/a e o alumno/a. Na plataforma de Teledocencia TEMA facilítanse os enderezos de correo electrónico dos profesores. Organización do Máster: A Coordinación do Master encárgase, de cara ó alumnado, de articul-los medios físicos e humanos precisos para imparti-lo master, realiza-la coordinación de contidos entre materias e supervisa-lo traballo dos Coordinadores de Materia, dos Cuestionarios e da Avaliación, así como de resolver aquelas reclamacións do alumnado respecto do funcionamento do master que non fosen solventadas polos coordinadores correspondentes. Para poñerse en contacto coa Coordinación dirixirse á dirección de correo electrónico da Secretaría do Master: pop_enerxia_sustentabilidade@uvigo.es ou no teléfono 986812212 Cada materia ten un Coordinador de Materia, encargado do profesorado e da documentación. Os alumnos/as débense dirixir a eles para calquera problema relativo á documentación, visitas, traballos dirixidos, etc... Nas materias con traballo dirixido, el Coordinador de Materia publicará na plataforma Tema a lista de traballos dispoñibles, ofertados polos profesores, ó principia-las clases. Na aula realizarase a asignación de traballos mediante sorteo . Unha vez o traballo foi asignado, o alumno/a debe poñerse en contacto o antes posible co profesor Director do Traballo co gallo de obte-las directrices de traballo e obxectivos a cumprir. O alumno/a enviará o traballo por correo electrónico ó profesor Director do Traballo, con copia á secretaría do master, antes da data límite de entrega. Unha vez corrixido o traballo, o profesor Director do Traballo enviará a nota obtida ó Coordinador de Materia, quen publicará na plataforma TEMA a lista de notas de traballo e entregaraa ós Coordinadores de Avaliación (Jorge Morán e José Mª Correa). A realización e corrección dos exames presenciais fana os Coordinadores de Avaliación, que entregan á Coordinadora do Máster os exames corrixidos (nota + respostas alumno + respostas correctas) en formato electrónico. O exame corrixido será enviado pola Secretaría do Máster ó alumno/a por correo electrónico . Para revisar tanto o exame coma o traballo, á preciso que o alumno/a envíe un correo electrónico á Coordinación do Máster, quen responderá nun prazo no superior a 4 días lectivos cunha proposta de data e hora, de acordo, ben cos profesores responsables da redacción/corrección do exame, ben co director do traballo. Unha vez as notas dos traballos e exames presenciais estean en poder da Coordinación do Máster, publicaranse as notas finais para cada Convocatoria na Plataforma de Teledocencia Tema. Na plataforma de Teledocencia TEMA http://faitic.uvigo.es/ o Coordinador de Materia poñerá a disposición dos alumnos/as a documentación da materia facilitada polo profesorado. Nesta plataforma o alumno/a debe encher e manter actualizada a súa ficha de datos persoais: • Foto • Nome e Apelidos • DNI • Dirección Postal • Dirección de correo electrónico • Teléfono de contacto. Estes serán os datos que se utilizarán para enviar avisos e información ó alumnado ó longo do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000