O alumnado debe posuír un nivel suficiente para poder seguir as clases e obter o nivel final de Cambridge ESOL: FCE, nivel que equivale ao CEF: B2.1 «Upper-Intermediate»/«Advanced».
Recoméndase que o alumnado siga a avaliación continua.
Para conseguir unha avaliación positiva é imprescindible que o alumnado preste a máxima atención ao desenvolvemento do temario e á aplicación dos conceptos impartidos.
Fóra de clase é imprescindible a realización das tarefas e exercicios prácticos. Recoméndase o estudo diario da materia, xa que a aprendizaxe dun idioma require un estudo constante e progresivo. |