Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios

Exercicios e outros deberes que se entregan á profesora
10
Traballos de aula
Redaccións que se elaboran na aula e poden ser completadas na casa
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas periodicas de lectura e escrita 50
Probas de resposta curta Probas periódicas sobre contidos teóricos 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a)       
Primeira edición de actas:

Para aterse ao sistema de avaliación continua, o
estudantado debe asistir con regularidade ás sesións presenciais,
tanto teóricas como prácticas, así como entregar os traballos ou exercicios que se lle requiran.

A nota final obtida por medio do sistema de avaliación
continua
será o resultado do cómputo das seguintes partes:

1.
Faranse unha serie de probas durante o curso sobre as estratexias de escrita
que sumarán unha nota final do 30%. As probas ás que o alumnado non asista
contarán cunha nota de cero.

2.
Realizaranse unha serie de probas prácticas
de escrita e lectura que sumarán un 50%. A non asistencia a algunha delas
contará cunha nota de cero.

3. A realización a de traballos de aula, así como a entrega das tarefas asignadas ao longo do curso sumará un máximo do 20%. As probas que non sexan entregadas en tempo e forma contarán
como un cero. O plaxio considerarase como un suspenso.

A entrega de traballos e exercicios así como a realización das probas parciais implican a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse ao exame final de maio, e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas na/s proba/s realizadas durante o curso.

O alumnado que non asista ás clases con regularidade e/ou non entregue os traballos nin realice ningún exame parcial, poderá presentarse ao exame final de maio, e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá á nota obtida nese exame.

b)       
Segunda edición de actas (xullo):

A segunda
edici
ón das actas consistirá
nunha proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos sobre as destrezas
de escrita e lectura, na que se aplicarán as porcentaxes de 40% para as preguntas de tipo teórico e 60% para as probas de tipo práctico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000