Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame de tipo práctico: corrección dun texto sen puntuar, dunhas 20-24 liñas, que presenta erros ortográficos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos. O alumno debe reescribilo nun galego normativo, poñendo os signos de puntuación precisos e sen modificar o léxico nin a sintaxe, a menos que sexa imprescindible para a corrección do texto.
Superar este exame cun mínimo de 4,5 permite pasar á proba oral.
Baremo:
0 erros: 10
1 erro: 9,5
2 erros: 9
3 erros: 8,5
4 erros: 8
5 erros: 7,5
6 erros: 7
7 erros: 6,5
8 erros: 6
9 erros: 5,5
10 erros: 5
11 erros: 4,5
12-15 erros: 4
16-17 erros: 3,5
18-19 erros: 3
20-21 erros: 2,5
22-23 erros: 2
24-25 erros: 1,5
26-27 erros: 1
28-29 erros: 0,5
25
Traballos e proxectos Elaboración dun documento de expresión escrita: estrutura, construción sintáctica, cohesión, propiedade léxica, emprego axeitado de signos de puntuación. O texto mecanografado (20-23 liñas) presentarase conforme ás normas e aos modelos explicados na aula. O alumno entregará este escrito cando se presente á proba de expresión oral.
Baremo:
Cada erro de ortografía, morfosintaxe ou de procedementos suporá a perda de 1 punto.
Cualificación mínima para superar a proba: 4,5
25
Probas de tipo test Probas tipo test de comprensión lectora de 3 libros. Trátase de probas tipo test con 10 preguntas con 4 respostas cada unha, das que só unha é correcta.
Baremo:
0 erros: 10
1 erro: 8,5
2 erros: 6,5
3 erros: 4,5
4 erros: 2,5
5 erros: 0
En cada proba haberá unha pregunta que mide a comprensión dun aspecto clave da obra: a resposta equivocada resta 2 puntos da nota resultante.
Cualificación mínima para cada obra de lectura: 4,5
Baremo para as repeticións desta proba ou para os alumnos que non se presentaron na data prevista:
0 erros: 6
1 erro: 5´5
2 erros: 5
3 erros: 4
A pregunta clave resta 1 punto sobre a nota final
25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exercicio de expresión oral: Exposición dun tema libre, que debe ter o previo prace do profesor. A duración do relatorio non pode ser inferior a dez minutos. Despois, o alumno deberá responder por extenso a dúas preguntas. Os alumnos deben empregar un rexistro culto.
Valóranse a correción lingüística, a fluidez, o interese do tema e a exposición formal.
Cualificación mínima: 4,5
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Orientacións aos alumnos

Todo o que comente o profesor na aula en ralación coa
lingua constitúe materia de estudo. Tamén o vocabulario que aparece nos
exemplos e nos exercicios. A Guía
de ortografía e morfosintaxe
 é
un esquema para o seguimento das clases. Advírtese que pode ter engadidos ou
modificacións en cada novo curso académico.

Os alumnos que aproben os tres libros e non superen a
materia neste curso deberán repetir os exames de todos os libros no curso seguinte, nas datas
que se publicarán a tal efecto, a menos que aproben os tres libros con 8´5  como cualificación mínima en todos: neste
caso manterán a nota neste apartado ata a fin dos seus estudos.

Todas as
notas estarán expostas durante un mes no despacho
(Edificio 2, planta baixa, nº 6).
 Os
estudantes deben ser responsables e preocuparse de coñecelas e de apuntalas.
Por iso, o profesor non atenderá a preguntas relativas ás cualificacións de
cadaquén (nin no presente curso nin nos sucesivos).

 A finais de curso farase un exame na aula ao que terán
dereito os alumnos que teñan menos de 6 faltas de asistencia: non se admiten xustificacións de
faltas de asistencia ás aulas por ningún motivo, calquera que este sexa. 
Quen supere esta proba non
terá que acudir ao Exame oficial. Se algún alumno cumpre os
requisitos para presentarse a esta proba e por calquera causa (aínda que estea
xustificada) non comparece, perde todos os dereitos ao respecto e debe
presentarse ao exame oficial.

Convocatorias e Calendario de exames

A ficha persoal, cos datos persoais, a foto pegada e a proposta de tema oral na parte posterior, debe entregarse no
mes de xaneiro. Non se recolle despois deste tempo.

Alumnos que cursen por vez primeira lingua galega: quedan
convocados ás 17 horas na primeira titoría de xaneiro.

Alumnos
NON ASISTENTES, por motivos laborais ou doutra índole: quedan convocados no
despacho (Pavillón 2) o último sábado de xaneiro ás 17 horas. Non se
admiten excepcións. O SISTEMA DE AVALIACIÓN É O MESMO PARA OS
NON ASISTENTES. ÍDEM AS DATAS DOS EXAMES, TANTO OS OFICIAIS COMO OS QUE FIGURAN
DESEGUIDO.

Titorías: Horario na páxina web da
Facultade: webs.uvigo.es/educacion-ou

Probas tipo test de lectura:           1ª primeiro xoves lectivo de febreiro

                                       
         2ª primeiro xoves lectivo de marzo

            
                           
        3ª primeiro xoves lectivo de abril

Traballo de expresión escrita: segundo xoves lectivo
de febreiro
. Inaprazable. 

Exame oficial de tipo práctico: finais de curso. As
datas e os horarios precisos pódense consultar na páxina da Facultade: webs.uvigo.es/educacion-ou.
Inaprazable. Proba oficial.

Exposición oral: nos días seguintes ao exame oficial, unha vez
que se faga pública, no despacho do profesor, a lista de aprobados do exame
oficial. É entón cando deben presentar tamén o traballo mecanografado, de
acordo cos criterios sinalados na Guía
de ortografía e morfosintaxe
.


O SISTEMA DE AVALIACIÓN MANTENSE IDÉNTICO PARA A CONVOCATORIA de XULLO. 

NA CONVOCATORIA DE XULLO UNICAMENTE SE AVALIARÁN AS COMPETENCIAS OU ACTIVIDADES NON SUPERADAS NA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE AO CUADRIMESTRE. 

A SUPERACIÓN DO Exame Práctico PERMITE CONSERVAR ESA NOTA para os
seguintes cursos académicos. Nese caso mantéñense tamén, se están aprobadas, as
notas da Comprensión Lectora, da Expresión escrita ou da Exposición oral. ESTAS
PRERROGATIVAS PÉRDENSE se na Exposición oral a duración do relatorio é inferior
aos dez minutos obrigados.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000