Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Sesión maxistral
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas a avaliación terá una parte centrada na didáctica e outra na lingua.


Didáctica:


o alumnado en grupos deberá presentar oralmente una unidade didáctica,e por escrito, en formato papel, o esbozo da devandita unidade. Os grupos escollerán o ciclo e o curso para o que elaborará a programación, A unidade fará parte dunha grella de avaliación. A data de entrega deste proxecto final será a da data oficial fixada polo centro. A unidade suporá o 15% da calificación definitiva.


Lingua


Resolución de problemas e/ou exercicios:


Ao longo do curso o alumnado presentará unha serie de tarefas relacionadas cos contidos e a aprendizaxe da lingua inglesa. Cada serie de tarefas constituirá o 15% da nota final da materia.


Exame: o final do cuadrimestre os alumnado terá que realizar dous exames, un escrito relacionado cos contidos do programa, e de aprobar o escrito, un exame oral relacionado co expresado no epígrafe 8 . ("Saber narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou película, e poder describir as súas reaccións".) O exame escrito suporá o 60% da calificación defintiva. O exame oral constituirá o 10% definitiva. A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro. Ás datas dos exames orais acordaránse segundo as disponibilidades de horarios do centro e do alumnado que teña aprobado o exame escrito.


Outros comentarios e segunda convocatoria



O alumnado que non viñer ás aulas ou que non presente un mínimo de tarefas parciais ao longo do cuadrimestre deberá pasar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia e na que se incluírá unha proba específica para avaliar a expresión oral. Este mínimo de tarefas realizadas será negociado coalumnado interesado no inicio do cuadrimestre. Tamén deberá pasar este exame o alumnado que se presentar en segunda ou posteriores convocatorias.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000