Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistir a clase e entregar os traballos solicitados no prazo esixido cunha calidade que amose un estudo previo por parte do alumno/a dos contidos implicados na tarefa.

A entrega dos traballos propostos en clase valorarase só cando o alumno/a asistise ese día a clase.

Este requisito non é de obrigado cumprimento para supera-la materia.
10
Traballos tutelados Traballo escrito: Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte.

Os criterios son:
Entregar o traballo escrito no prazo establecido.

Desenvolver o traballo cumprindo os requisitos formais e de contido esixidos.

Levar á práctica a sesión deseñada.

Asistir a unha titoría e a clase correspondente para a revisión previa da sesión.

Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).

Obrigatorio para tódolos alumnos/as.
25
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Entregar os traballos solicitados no prazo esixido cunha calidade que amose un estudo previo por parte do alumno/a dos contidos implicados na tarefa.

Este requisito non é de obrigado cumprimento para supera-la materia.
5
Prácticas de laboratorio Control da asistencia a clase mediante lista da profesora. Asistir e participar activa e criticamente a un mínimo do 80% das prácticas das horas dos grupos B e horas C.

A asistencia a máis de un 80% da docencia de aula de créditos B e C eximirá da realización do exame práctico final.

Este criterio non é de obrigado cumprimento para superar a materia, posto que os alumnos/as que superen o 20% de faltas poderán acceder a avaliación final mediante una proba dos créditos de laboratorio.

Calificación de apto ou non apto
0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita: preguntas cortas de índole conceptual e desenvolvemento procedimental de programación de elementos didácticos. Os criterios de avaliación son: Respostar con calidade os contidos conceptuais solicitados na proba escrita ou de defensa do traballo.

Formular contidos e obxectivos con total corrección.
Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).

Programar unha sesión seguindo unha teoría elaborativa coherente dende as finalidades á tarefa.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a asignatura é imprescindible acadar:

- unha calificación mínima de 5 puntos.

- obter unha calificación mínima de 1,5 puntos na metodoloxía de traballo tutelado.

- obter unha calificación mínima de 3 puntos na proba de resposta longa, de desenvolvemento. Realizarase na data e hora determinado no calendario oficial de exames.

Nas convocatorias correspondentes a un mesmo curso académico, se conservan as cualificacións obtidas polo alumnado. Será necesario repetir as metodoloxías necesarias para conseguir os tres criterios anteriormente mencionados. 

Os traballos para ser avaliados deben ser entregados estrictamente antes das datas límites determinadas pola profesora, e que serán comunicadas xunto coa proposta dos mesmos.

A entrega dos traballos será en formato papel, a excepción daqueles casos nos que se especifique o contrario.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000