O obxectivo xeral da materia é o de obter unha visión global da economía en xeral e da microeconomía en particular. Para iso analízase o funcionamento dos mercados e o comportamento dos axentes económicos no que interveñen.
En concreto, ofrecerase ao alumno unha perspectiva dos mercados e dos axentes dende o punto de vista de equilibro parcial, tanto nun contexto de competencia perfecta como nun contexto de competencia imperfecta. Analizarase tamén o papel do estado na formulación da política económica.