Guia docente 2011_12
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  O Fenómeno Relixioso e a Evolución do Patrimonio Eclesiástico na Galicia Contemporánea
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Establecer relacións entre as características dos conceptos analizados e dos contextos e dinámicas sociais e políticas estudadas.
A3 Identificar as bases metodolóxicas e historiográficas sobre as que se sostén a interpretación dun determinado fenómeno histórico.
A5 Realizar actividades de investigación arquivística, museística, bibliográfica, audiovisual e informática aplicadas aos campos da historia, o territorio e os recursos patrimoniais.
A8 Capacidade para a toma de decisións sobre a función que se lle asigna ao patrimonio, a súa posta en valor e uso público.
A11 Capacidade para elaborar estratexias encamiñadas á recuperación do patrimonio.
B1 Analizar, sintetizar e interrelacionar feitos e conceptos histórico-xeográficos e artísticos dende unha perspectiva crítica.
B2 Establecer hipóteses a partir de datos dispoñibles e proceder á súa confirmación ou refutación mediante a aplicación dunha metodoloxía científica.
B3 Dominar a formulación de problemas de investigación teórica e aplicada.
B4 Coñecer e utilizar os recursos documentais máis recentes en relación coa temática do mestrado.
B5 Traballar interdisciplinarmente
B8 Aplicar a informática e outros medios audiovisuais ao traballo de fin de mestrado.
B9 Comprometerse a desenvolver e manter unha actitude ética tanto no seu traballo coma nas súas relacións sociais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000