Traballos tutelados |
Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo. |
15 |
Seminarios |
Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación. |
10 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%. |