Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
As alumnas e alumnos deberán resolver exercicios de análise lingüística, nun nivel básico, de linguas diferentes |
20 |
A avaliación é continua. Requírese o 80% de presencialiade na aula.
As alumnas e alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial deberán comunicalo á profesora, por correo electrónico, ao comezo do cuadrimestre. Neste caso esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado presencial, a través da plataforma de e-learning. Quen non siga o sistema de avaliación continua poderá facer unha proba final, na convocatoria de xullo. Se se precisa unha adaptación da avaliación por razón de discapacidade, debe informarse á profesora coa debida antelación. Deberá aportarse documentación xustificativa. |