Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais.
50%
Resolución de problemas e/ou exercicios
Formulación de problemas que o alumnado debe resolver na clase relacionados con algúns temas.
20%
Traballos e proxectos
Redacción escrita e exposición oral dun traballo, que pode facerse en grupos pequenos. Implica a exposición oral, o debate e a defensa deste.
20%
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado que non
asista regularmente á clase ou non supere a materia co sistema de avaliación
sinalado (avaliación continua) ten dereito a ser cualificado mediante un
exame final. Este procedemento será válido tanto para a
convocatoria ordinaria de xuño como para a extraordinaria de xullo.
Inclúe dúas
modalidades:
Opción A:
1. Un exame ou proba
escrita de coñecementos: desenvolver un tema e/ou contestar a varias
preguntas ou cuestións relacionadas co temario (cualificación: 70 %).
2. Realización,
redacción escrita e entrega, dun traballo individual sobre un tema do
temario (cualificación: 30 %).
Opción B:
Realizar só un exame
ou proba escrita de coñecementos: desenvolver un tema e contestar a varias
preguntas ou cuestións relacionadas co temario (neste caso a cualificación do
exame será o 100 % da nota final).
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000