Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

CONCURSOS 2024 - XX CERTAME DE FOTOGRAFÍA

Formulario para concursar ao XX certame de FOTOGRAFÍA no ano 2024

Quén pode participar:

Estudantado, PAS e PDI da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. Esta condición débese manter ata o remate de presentación de solicitudes.

Pasos a seguir para participar:

  1. A persoa autora da obra ou a persoa que representa ao grupo de traballo cumplimentará este formulario a través da súa secretaría virtual na Uvigo.  
  2. Unha vez cumprimentado premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargámolo e asinámolo con certificado dixital. Este documento será o que presente na sede electrónica de acordo co paso 3
  3. No prazo de solicitude a persoa participante accederá á sede electrónica da UVigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2024”.  Despois de ler a información deberá premer no botón  “INICIAR TRAMITACIÓN”.  No campo “asunto” indicará o premio e modalidade á que opta.   No campo de "documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso anterior. Por último premerá "enviar solicitude".
  4. O "Xustificante de presentación en sede" inclúe as ligazóns do programa informático e o contrasinal de acceso que se necesitará para cargar a obra que presenta ao concurso.

O arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de xustificante de presentación en sede e deberá ter o seguinte formato:

    • Modalidade Serie: en JPG en tamaño de impresión de 240 px por pulgada, cun tamaño máximo de 15 MB por cada fotografía, usando formato zip para a súa compresión.
    • Modalidade Fotografía única: en JPG en tamaño de impresión de 240 px por pulgada, cun tamaño máximo de 15 MB.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xullo de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Neste mesmo prazo terá que adxuntarse a obra, recoméndase que o día que presenten a solicitude a continuación presenten a obra.

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

INFORMACIÓN E CONSULTAS

Sección de Extensión Universitaria

Teléfono: 986 813626

Correo electrónico: extension@uvigo.es

 


Datos de contacto
SECCIÓN DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
extension@uvigo.es
986 813626