Secretaría Uvigo

AXUDAS PROPIAS A GRUPOS, CENTROS DE INVESTIGACIÓN E AGRUPACIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

TipoGrupos de investigación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024 AXUDAS UVIGO
Data inicio solicitudes11/05/2024
Data fin solicitudes31/05/2024
Descripción

A presente convocatoria ten por obxecto potenciar o desenvolvemento de actividades de investigación colaborativas entre grupos de investigación que axuden a desenvolver as liñas estratéxicas da Universidade, así como a transferencia dos resultados no ámbito nacional e internacional.
A convocatoria será de concorrencia competitiva nos termos previstos na normativa xeral de reasignación, desagregación e redistribución de créditos, sen prexuízo das excepcións que se poidan prever nas bases específicas desta convocatoria.

Modalidades:

Modalidade A - Promoción da Investigación
   A.1.- Contratos programa con grupos de investigación.

   A.2.- Preparación de proxectos internacionais de I+D+i
   A.3.- Reparación de equipamento científico

Modalidade B – Reunións científicas
   B.1.- Organización de Congresos e Reunións Científicas
   B.2.- Realización, comisariado e montaxe de exposicións artísticas
   B.3.- Visita de investigadoras e investigadores

Observacións

Para as axudas a contratos-programa o prazo para presentar a solicitude será o que se indique na invitación cursada aos grupos que non resultaran adxudicatarios na convocatoria autonómica de axudas estruturais a grupos do ano 2024 e que resultasen ben valorados.

Para as restantes axudas o prazo de presentación será ata o 31/05/2024.

As solicitudes, acompañadas pola documentación prevista para cada axuda deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigación (SUXI).

O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

Unha vez rematado o procedemento, o formulario de solicitude resultante, xerado pola aplicación, debe ser asinado e presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER,  sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para resolver6 meses
Documentos da convocatoria
Atrás