Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recordatorio. Remate do prazo para pedir cita para o recoñecemento médico para o persoal da Facultade de Filoloxía e Tradución e da Unidade de Xardinería.
Prevención de riscos laborais
09-05-2024 ata: 10-05-2024Próximo remate do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal da:
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Unidade de Xardinería
A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo (CUALTIS).
TODO O QUE NECESITA SABER PARA PEDIR A CITA
- Prazo para pedir cita: do 06/05/2024 ao 10/05/2024
- Onde se pide cita: CUALTIS
- Instrucións previas a súa cita https://cutt.ly/pn2w4K7
- Guía para solicitar cita a través da web https://cutt.ly/9n2w2vH
- Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Vixilancia da Saúde (Edificio Filomena Dato, planta baixa)
- Onde pedir o bote para a recollida da mostra de urina: na conserxería do seu centro
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.es
No caso de querer cambiar a cita da analítica solicitada (na web) ou a concertada para o recoñecemento médico (na enfermaría), debe chamar ao teléfono da enfermaría 986 813451.
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814088.
Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.