Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión de formación en liña "Opciones avanzadas de RefWorks"

Biblioteca

07-05-2024 ata: 16-05-2024

O 15 de maio de 2024 ás 10:00 horas terá lugar a sesión de formación en liña “Opciones avanzadas de RefWorks”, organizada por Clarivate.

RefWorks é un administrador persoal de referencias bibliográficas que facilita a recompilación de información e a creación automática de citas e bibliografías en traballos académicos nun estilo normalizado. A sesión de formación durará 45 minutos e está dirixida a alumnado, profesorado e persoal bibliotecario que xa coñeza e empregue esta ferramenta.

Contido :

  • Como organizar documentos
  • Opcións avanzadas de organización de proxectos
  • Opcións avanzadas dos complementos de escritura

Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facer cunha conta de correo da Universidade de Vigo. Inscrición aquí.

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación, con información sobre como unirse ao seminario. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe. As sesións serán gravadas e as persoas asistentes recibirán un certificado.

Para saber máis sobre Refworks:

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
VIGO
Tel 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo